Coñecido como o Bico de Meda pola xente de arredor, este pico ofrece un perfil característico, ten unha fermosa forma cónica, de palleiro ou meda, de aí o seu nome.
O Pico de Meda é o punto máis alto da comarca e tamén o que ofrece as vistas máis fermosas, excepcionais e amplas da paisaxe da Costa da Morte, do val de Soneira e do Atlántico.
Cos seus 566 metros de altitude, ofrece unha vista panorámica de 360 grados, polo que se pode gozar, non só dos abrentes do día e dos solpores, senón tamén da saída e da posta da lúa. Dende o cumio pódese contemplar como a caída do sol se vai movendo ao longo do ano ao norte e ao sur. De noite son facilmente visibles os lampos intermitentes dos faros da costa, o faro do Cabo Vilán e o faro das Illas Sisargas.
Para o xeógrafo e escritor Ramón Otero Pedrayo era o “cerne e rector das paisaxes desta Galicia”.
Na obra de Enrique Labarta “A Compaña” alude á neve do mes de xaneiro no Pico de Meda.
![19 Vistas dende Pico de Meda](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/10/19-Vistas-dende-Pico-de-Meda.jpg)
![19 Panoramica Pico de Meda Mar de Nubes](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/10/19-Panoramica-Pico-de-Meda-Mar-de-Nubes.jpg)
![19 Raio Verde dende Pico de Meda](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/10/19-Raio-Verde-dende-Pico-de-Meda.jpg)
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/concello-de-zas-copia.png)
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.