Edificación sinxela e de pouco interese arquitectónico que probablemente foi construída no último terzo do século XIX. Presenta planta de salón formada por unha capela maior e unha nave rectangular. Destaca o arco de ingreso ao presbiterio, de medio punto e os dous nichos laterais. A cuberta do presbiterio está composta dunha cimbra de madeira. Pegada ao muro norte da capela maior sitúase a sancristía. O retablo responde ás características do estilo neoclásico.
Esta é a igrexa á que levaban o cadáver do Vinculeiro de Sanamedio cando D. Ciprián se cruza con eles na noite e os confunde coa Santa Compaña no seu conto «A Compaña«.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.