Denominado como o «Quevedo Galego» ou o «Príncipe do Parnaso Galego» por distintas publicacións periodísticas da época, Enrique Labarta Pose deixou unha fonda pegada na literatura de finais do século XIX e principios do XX. Destacou tamén na vida estudiantil da cidade de Santiago a nivel cultural.

Deixou obras en defensa da lingua, das mulleres e de amor pola súa terra como son «¡Que me enterren aló!«, «¡Non falés o Gallego!» e «Defensa das Mulleres»

Enrique Labarta Pose foi proposto para ser académico de número na Real Academia Galega no ano 1920 tal é como se pode ver no escrito que se conserva en dita entidade.

Novas

O Alcalde de Zas reúnese co recén nomeado Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo

Durante acordaron coorganizar unha actividade conxunta sobre a figura de Enrique Labarta Pose

“A Compaña”, de Enrique Labarta Pose – Adaptación teatral do IES Maximino Romero de Lema

O resultado é un magnífico traballo de interpretación e posta en escena que se pode escoitar íntegro en formato audio

O Auditorio de Baio acolle este domingo a representación de catro obras de teatro de Labarta Pose

Alumnado do CEIP Labarta Pose e membros do grupo de teatro Badius interpretarán “O tío Sanfona”, “A lingua pequena”, “Falade Galego!” E “Unha boa misa”

Tras as pegadas de Enrique Labarta Pose en Baio

Na recta final da Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio achegaron ao alumnado a figura de Enrique Labarta Pose.

Liña temporal