O Concello de Zas recibe o legado de Labarta Pose

Nun acto que tivo lugar nos xardíns das Torres do Allo, o Concello de Zas – representado polo seu Alcalde, Manuel Muíño – e as irmáns Teresa e Olga Rojo Valiña asinaron o convenio de cesión da diversa documentación que conservaban despois de que o seu irmán, “Pepe de Valiña”, herdase o legado do Enrique Labarta Pose.