A Antoloxía Poética de Enrique Labarta Pose chega á Real Academia Galega e cada membro numerario terá un exemplar do libro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo esta mañá un distendido encontro co Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, co fin de presentarlle a “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose, un libro publicado recentemente pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas. Ademais aproveitou a ocasión para facerlle a entrega de varios exemplares para o fondo da RAG e tamén para que se reparta un exemplar para cada un dos membros numerarios. Durante o encontro, o Alcalde de Zas volviu a defender a candidatura de Enrique Labarta Pose para que teña o seu propio Días das Letras Galegas. 

Pola súa banda, Víctor F. Freixanes agradeceu a visita que demostra o respecto do Concello de Zas cara a figura da Real Academia Galega. Esta é a segunda vez que o rexedor mantén un encontro co Presidente da RAG despois de no mes de xullo do ano 2022 lle presentara todas as actividades que se estaban a realizar naquel momento ao redor da figura de Enrique Labarta Pose con quen, segundo Muíño, “hai unha débeda histórica”.

Nos últimos meses o Concello de Zas impulsou diferentes actividades co fin difundir parte do estenso legado de Labarta Pose. Precisamente na xuntanza, á que tamén asistiu Tania Carreira, Técnica de Cultura do Concello de Zas, presentouselle o proxecto literario infantil sobre Labarta Pose que se está a realizar en colaboración con Lela Edicións e que en breve sairá á luz.