Situada no concello de Coristanco, é unha construción enmarcada dentro do barroco clasicista que presenta unha planta de cruz latina coa sancristía anexa ao muro norte. A cuberta está composta por unha bóveda de canon rebaixada sobre arcos faixóns.
Dúas capelas laterais de planta rectangular completan a estrutura da igrexa con ambos os retablos de madeira. O presbiterio atópase presidido por un retablo neoclásico.
No exterior destaca a torre campanario, situada no eixe central da fachada de inspiración barroca.
Da vila de Traba é un dos personaxes do conto “A Compaña”, D. Ciprián. Este é un usureiro que cre atoparse coa Santa Compaña e, para intentar redimirse dos seus pecados, antes de morrer deixa a metade da súa fortuna para a construción da igrexa da localidade.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.