É unha das construcións relixiosas máis recentes do concello de Carballo pois rematouse de construír no ano 1931. Nesta parroquia de Berdillo houbo dúas igrexas anteriores a esta que foron substituídas. A actual igrexa consta dunha única nave e un presbiterio. Destacan o retablo maior, de estilo neoclásico, e os dous retablos laterais, barrocos.
En Artes, unha parroquia veciña de Berdillo, celebrábase antigamente unha gran feira, na estrada que une Carballo con Ordes, a carón do camiño real. Unha feira que foi trasladada no ano 1941 á vila de Carball pero aínda hoxe en día se conserva o topónimo Feira de Berdillo.
Esta feira inspirou o poeta Enrique Labarta para escribir unha poesía dedicada a tan soada feira, «A feira de Verdillo«.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.