Denominado como o «Quevedo Galego» ou o «Príncipe do Parnaso Galego» por distintas publicacións periodísticas da época, Enrique Labarta Pose deixou unha fonda pegada na literatura de finais do século XIX e principios do XX. Destacou tamén na vida estudiantil da cidade de Santiago a nivel cultural.

Deixou obras en defensa da lingua, das mulleres e de amor pola súa terra como son «¡Que me enterren aló!«, «¡Non falés o Gallego!» e «Defensa das Mulleres»

Enrique Labarta Pose foi proposto para ser académico de número na Real Academia Galega no ano 1920 tal é como se pode ver no escrito que se conserva en dita entidade.

Novas

O Alcalde de Zas presentoulle o Presidente da RAG o programa de actos do centenario da morte de Enrique Labarta Pose

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; acompañado da Técnica de Cultura, Tania Carreira, reuniuse esta mañá co Presidente da Real Academia Galega – RAG -, Víctor F. Freixanes.

«O poeta da terra» chega ao CEIP Víctor Saenz de Mazaricos

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, xunto coa edila Pilar García, entregou persoalmente exemplares da obra sobre Labarta Pose, acompañados do alcalde de Mazaricos e o director do centro de ensino

Liña temporal