![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2024/01/presentacion-paxina-web-enrique-labarta-pose-1-scaled-1-260x185.jpeg)
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2024/01/presentacion-paxina-web-enrique-labarta-pose-1-scaled-1-260x185.jpeg)
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/11/firma-colaboracion-Galaxia-Concello-de-Zas-260x185.jpeg)
Colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para publicar unha antoloxía poética de Labarta Pose
Onte tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para a publicación da antoloxía poética de Enrique Labarta Pose, editada por Xosé Manuel Varela Varela e Xosé María Rei Lema
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/Xornada-As-pegadas-de-Enrique-Labarta-Pose-260x185.jpg)
Xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose”
O 29 de outubro de 2022 celebrouse a xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose” na que diferentes expertos analizaron desde outros puntos de vista a obra de Enrique Labarta Pose.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/folleto-enrique-labarta-pose-torres-do-allo-980x553-1-260x185.jpeg)
Folleto informativo
O Concello de Zas editou no mes de xuño de 2022 un folleto informativo no que se inclúe información sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose así como toda a información sobre o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose incluído no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/presentacion-roteiro-literario-enrique-labarta-pose-980x653-1-260x185.jpeg)
Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose
Dende o mes de marzo de 2022, a obra de Enrique Labarta Pose forma parte do “Proxecto Roteiros” impulsado polo Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo dar a coñecer os recursos culturais e paisaxísticos de Galicia a través da vida e obra de escritores.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/exposicion_labarta_ies_maximino_romero_de_lema-260x185.jpg)
A exposición de Enrique Labarta Pose nos centros educativos
Despois do seu paso polo Paseo Fluvial de Baio, a exposición sobre a figura de Labarta Pose, promovida polo Concello de Zas, comezou a súa viaxe. A primeira parada foron os tres centros educativos do Concello de Zas para que as alumnas e alumnos do CEIP Labarta Pose de Baio, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema coñeceran a un dos persoeiros máis ilustres do noso municipio.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/exposicion_legado_enrique_labarta_pose-980x653-1-260x185.jpeg)
O legado de Enrique Labarta Pose
Dende o mes de novembro de 2021 o Centro Sociocultural de Baio acolle unha exposición permanente do legado de Enrique Labarta Pose.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/inauguracion_mostra_labarta_pose-1-260x185.png)
Exposición itinerante
Coincidindo co 158 aniversario do seu nacemento, o 24 de xullo de 2021 inaugurouse no Paseo Fluvial de Baio unha exposición ao aire libre sobre a figura de Enrique Labarta Pose coa que o Concello de Zas – promotor da iniciativa coa colaboración da Deputación da Coruña – pretende achegar a súa vida e obra a toda a veciñanza.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/Sinatura-do-convenio-260x185.png)
O Concello de Zas recibe o legado de Labarta Pose
Nun acto que tivo lugar nos xardíns das Torres do Allo, o Concello de Zas – representado polo seu Alcalde, Manuel Muíño – e as irmáns Teresa e Olga Rojo Valiña asinaron o convenio de cesión da diversa documentación que conservaban despois de que o seu irmán, “Pepe de Valiña”, herdase o legado do Enrique Labarta Pose.
![](https://enriquelabartapose.concellodezas.org/wp-content/uploads/2023/05/concello-de-zas-copia.png)
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.