A praia de Camelle sitúase na entrada da localidade da que toma o nome e pertence ao termo municipal de Camariñas. É unha praia urbana con forma de media lúa. Nas súas inmediacións poden apreciarse os restos dunhas edificacións que noutros tempos foron fábricas de salgadura. Introducíndonos xa na localidade, chegamos ata os restos da casa e do xardín de Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man ou o Alemán de Camelle, un escultor que viviu neste lugar como un ermitán. Elaboraba esculturas ao aire libre, pintaba utilizando círculos e coleccionaba as libretas que lles entregaba ás persoas visitantes para que debuxasen.
O autor utiliza a area da praia de Camelle como comparativa co número de pecados cometidos por un dos personaxes do conto “A Compaña”.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.