Corcubión é unha vila señorial que foi declarada Conxunto Histórico Artístico no ano 1985. Destaca polo seu casco antigo e pola arquitectura nobre que aínda conserva. É unha vila pintoresca que garda o seu encanto grazas ao mantemento das típicas vivendas de arquitectura mariñeira, das casas con galerías.
No centro da vila atópase a igrexa de San Marcos, declarada Ben de Interese Cultural. É unha construción de estilo gótico mariñeiro datada entre os séculos XIV e XV, cunha distribución en planta de salón rectangular dunha única nave e o presbiterio cuberto por unha bóveda con forma de cúpula.
Corcubión tamén é cabeza de partido xudicial e neste sentido é como a emprega o autor na súa obra “O rei que rabiou” para describir un poderoso reino situado na comarca do Xallas.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.