Edificación situada no municipio de Cabana de Bergantiños de estilo barroco datada entre os séculos XVI e XVII. No interior destaca o presbiterio que se atopa cuberto cunha cúpula de cantería colocada formando círculos concéntricos e lanterna. Atópase apoiada sobre unha planta cadrada con pendentes onde se sitúan as esculturas dos catro evanxelistas sobre ménsulas. A cuberta da nave central está formada por unha bóveda de canon suxeitada por oito arcos faxóns. O máis característico da capela é a súa fachada, pois aparece decorada con esculturas de vulto redondo: San Xoán Bautista, Virxe das Virtudes, Santiago, San Andrés, San Pedro e San Paulo. Nas inmediacións da capela atopamos unha carballeira, un cruceiro e a fonte santa.
A festa do Carme do Briño celébrase cada 18 de xullo e a que inspirou a Enrique Labarta Pose para o seu poema “O Carme do Briño”. Unha poesía premiada, na súa versión en castelán, nos Xogos Florais de Pontevedra de 1887.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.