IGREXA DE SAN AMEDIO DE BAMIRO
Dentro do termo municipal de Vimianzo atopasmos esta onstrución de cantería de granito de estilo barroco datada do século XVIII. Presenta planta de salón formada por un presbiterio rectangular, unha nave central tamén rectangular e a sancristía anexada a capela maior. O máis sobresaínte do edificio é a torre campanario de liñas barrocas, coroada por un cupulín con tambor octogonal, levantada na segunda metade do século XVIII. Na fachada principal tamén destaca o fornelo que acubilla a imaxe do patrón.
No adro parroquial, ó carón da porta de acceso a torre campanario, atopamos un reloxo de sol do ano 1800.
O lugar de Bamiro é o lugar utilizado por Labarta Pose para indicar a procedencia dos protagonistas do conto “Na romaría da Barca”.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.