Exposición itinerante
Coincidindo co 158 aniversario do seu nacemento, o 24 de xullo de 2021 inaugurouse no Paseo Fluvial de Baio unha exposición ao aire libre sobre a figura de Enrique Labarta Pose coa que o Concello de Zas – promotor da iniciativa coa colaboración da Deputación da Coruña – pretende achegar a súa vida e obra a toda a veciñanza.