O Concello de Zas e Lela Edicións preparan un libro infantil sobre Enrique Labarta Pose
Este xoves, 30 de maio, ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio de Baio a presentación dun proxecto literario infantil sobre Enrique Labarta Pose. Trátase dunha pequena e vistosa biografía de Enrique Labarta Pose dirixida ao público infantil e que o Concello de Zas lle encargou a Lela Edicións, que conta cunha colección de publicacións infantís de biografías de personaxes galegos. Os textos estarán acompañados de ilustracións elaboradas por Tania Solla.
No acto de presentación deste proxecto, que está aberto a toda a veciñanza, intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; xunto con Enrique Mauricio e Carlos Taboada, do Colectivo Polo Correo do Vento e autores do libro.