Denominado como o «Quevedo Galego» ou o «Príncipe do Parnaso Galego» por distintas publicacións periodísticas da época, Enrique Labarta Pose deixou unha fonda pegada na literatura de finais do século XIX e principios do XX. Destacou tamén na vida estudiantil da cidade de Santiago a nivel cultural.

Deixou obras en defensa da lingua, das mulleres e de amor pola súa terra como son «¡Que me enterren aló!«, «¡Non falés o Gallego!» e «Defensa das Mulleres»

Enrique Labarta Pose foi proposto para ser académico de número na Real Academia Galega no ano 1920 tal é como se pode ver no escrito que se conserva en dita entidade.

Novas

A «Antoloxía poética de Enrique Labarta Pose» chega as librarías

Esta semana chegará as librarías a "Antoloxía poética" de Enrique Labarta Pose, editado por Xosé María Rei e Xosé Manuel Varela, que se incorpora á colección Letras Galegas Clásicos da Editorial Galaxia

Presentada a web sobre Enrique Labarta Pose na que se recolle a súa vida e obra

Enrique Labarta Pose xa ten a súa propia páxina web. Dende onte pódese acceder dende calquera parte do mundo e a calquera hora do día a toda información relativa á vida e obra dun dos veciños máis ilustres do noso municipio.

Colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para publicar unha antoloxía poética de Labarta Pose

Onte tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para a publicación da antoloxía poética de Enrique Labarta Pose, editada por Xosé Manuel Varela Varela e Xosé María Rei Lema

Xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose”

O 29 de outubro de 2022 celebrouse a xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose” na que diferentes expertos analizaron desde outros puntos de vista a obra de Enrique Labarta Pose. 

Liña temporal