Enrique Labarta Pose funda a revista Galicia Humorística (1888), La Pequeña Patria (1890), Extracto de Literatura (1893), Pasatiempos (1894) e a revista ilustrada galega máis destacada de finais do século XIX, Galicia Moderna (1897). Ademais, colaborou con multitude de publicacións tanto da península como do sur de América.
GALICIA HUMORÍSTICA
O 15 de xaneiro de 1888, en Compostela, sae á luz a súa primeira revista literaria, Galicia Humorística. Trátase dunha revista bilingüe quincenal de “costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas, y tipos gallegos, novelas homeopáticas de poesías festivas, ciencias y artes, acertijos, cantos populares, charadas y geroglíficos” na que colaboraron algúns dos escritores máis notables do xénero como Albredo Brañas, Antonio de la Iglesia ou Manuel Amor Meilán. Contaba con ilustracións do reputado repentista José Pando e o gravador Enrique Mayer, autores da caricatura de Labarta Pose impresa na contraportada de cada un dos 15 números que saíron a rúa.
Desapareceu o 15 de agosto de 1888.
LA PEQUEÑA PATRIA
A segunda revista ve a luz o 10 de novembro de 1890, tamén en Compostela, como unha continuación de Galicia Humorística. Baixo o nome de La Pequeña Patria e co subtítulo “Revista decenal de literatura, ciencias y artes” é unha publicación que funda e dirixe coa colaboración do xornalista galego José Tarrío García.
Nela aparecen “retratos e biografías de galegos distinguidos, pezas musicales e grabados reproducindo esceas, paisaxes, costumes, monumentos e obras de arte” a quen o propio autor lle parecían dignos de publicación.
Como colaboradores contou con Antonio de la Iglesia, Manuel Murguía, Xoán Neira Cancela e Benigno López Sanmartín. Os gravados son obra de Isidro Brocos e Enrique Meyer. Despois de 12 números, o derradeiro publícase o 28 de febreiro de 1891, non acadando a importacia e calidade que conseguira coa primeira.
EXTRACTO DE LITERATURA
Extracto de Literatura é unha publicación pioneira cuxo primeiro número saíu á rúa o 7 de xaneiro de 1893. Tal e como se pode ler na portada de todos os números, “varios gallegos del buen humor” eran os autores desta obra que levaba por subtítulo “Semanario Dosimétrico Ylustrado”. A publicación estaba composta duns versos escritos polo propio Labarta que consistían nunha semblanza dedicada a reconocidos persoaxes galegos da época, acompañados dun retrato de cada un dos protagonistas.
Debido a dificultade para imprimir a publicación en Pontevedra, pola falta dunha casa litográfica, a partir do número 5 pasou a editarse en Santiago, o que permitiu que a paxinación se duplicase, pasando das 8 páxinas iniciais a 16 e con gran cantidade de debuxos e gravados. Ademais, a partir deste número Labarta deu a posibilidade de imprimir anuncios publicitarios.
A súa andadura remata coa publicación do número 46 o 28 de outubro de 1893.
PASATIEMPOS
No ano 1894, en Pontevedra, Enrique Labarta publica Pasatiempos, unha revista con formato de pequeno folleto ilustrada con debuxos do artista coruñes Urbano González. Contén traballos en verso e prosa do propio autor. A súa intención era a publicación de tomos mensuais de 48 páxinas todos os ripios que se lle ocurriran. Unha revista literaria que só contou con catro tomos.
En 1895, “Labarta acudió a la Diputación con una instancia rogando se le adquieran algunos ejemplares de la obra. Como el admirable poeta lo mismo aplicaba la métrica a un poema, que a una elegía, que a un vulgar documento burocrático, le fue facilísimo versificar la prosaica petición, conviertíendo en una página sugestivamente donosa lo que debiera ser un rígido y escueto pedimento administrativo” (Prudencio Landín)
Na acta da sesión ordinaria da Deputación de Pontevedra do día 24/10/1895 recolle a adquisición de 60 exemplares desta obra a precio de 3 pts cada un.
GALICIA MODERNA
O 1 de maio de 1897 ve a luz, na cidade de Pontevedra, Galicia Moderna, unha nova revista cuxo nacemento constituiu un singular acontecemento na vida galega, pois cubría un baleiro editorial producido trala desaparición de Extracto de Literatura. Foi unha revista quincenal que recollía todo tipo de acontecementos da actualidade social e cultural.
Contaba cunha serie de seccións fixas: “La Quincena” sobre a actualidade local, “Mujerío” onde se eloxiaban as belezas femeninas e “El Sport en Galicia” no que se trataba a información deportiva. As dúas seccións máis interesantes por ser fonte de interés etnográfico foron a denominada “Tipos populares”, unha colección de fotografías de determinadas profesións da época, e “Galería de hombres felices” que amosaba unha descrición de persoaxes que deambulaban polas cidades e vilas galegas.
O 15 de xullo publicaríase o último volume despois de 30 números.