«O poeta da terra» chega ao CEIP Víctor Saenz de Mazaricos
O Concello de Zas continúa divulgando a vida e obra do escritor baiés Enrique Labarta Pose. Desde o final do verán está na rúa o primeiro libro infantil en torno á súa figura, O poeta da terra, da autoría de Polo Correo do Vento, unha obra que xa se entregou nos centros de primaria do municipio e que se remitiu tamén aos 47 centros dos 17 concellos que forman parte da Costa da Morte.
O alcalde, Manuel Muíño, e a edila de Educación, Pilar García, acudiron ao CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, onde entregaron cadanseu exemplar a alumnos de terceiro, quinto e sexto xa que alí estudan tres rapaces empadroados no concello de Zas. Acompañounos o director, José David Fernández, e alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco.