O Concello de Zas envía dous exemplares do libro O Poeta da Terra a todos os centros de Educación Primaria da Costa da Morte

Co obxectivo de continuar coa labor de dar a coñecer a figura de Enrique Labarta Pose, o Concello de Zas vén de doar dous exemplares do primeiro libro infantil adicado ao autor aos 47 centros de Educación Primaria espallados polos 17 concellos da Costa da Morte. O libro, que leva por título “O Poeta da Terra”, presentouse o pasado 26 de outubro en Baio nun acto ao que asistiron os propios autores; Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento.

Con esta achega, o Concello de Zas quere dar a coñecer a figura de Enrique Labarta Pose entre a rapazada a través deste libro no que se mistura información adaptada ao público infantil con vistosas ilustracións.