O Auditorio de Baio acolle este domingo a representación de catro obras de teatro de Labarta Pose

Este domingo pechamos a programación especial deseñada polo Concello de Zas con motivo da conmemoración dos 100 anos do falecemento de Enrique Labarta Pose. Farémolo coa representación dalgunhas das súas obras de teatro máis populares que interpretarán o alumnado do CEIP Labarta Pose e os actores e actrices do grupo de teatro Badius.

“O tío Sanfona”, “A lingua pequena”, “Falade Galego!” e “Unha boa misa” son as catro obras que se interpretarán este domingo, 25 de maio, a partir das 18:30 horas no Auditorio de Baio. A entrada é de balde. 

Esta actividade súmase ás realizadas durante este mes de maio no marco do programa do centenario do pasamento de Enrique Labarta Pose.