A igrexa de Santiago de Cereixo é unha construción de cantaría de estilo románico datada de mediados do século XII e situada no concello de Vimianzo. Está composta por unha única nave e presbiterio, separados por un arco de medio punto. A cuberta da capela maior está formada por unha bóveda de canon reforzada cun arco faixón.
O máis destacado desta igrexa é o tímpano, situado na porta do muro sur, posto que contén un relevo coa representación da translación nunha barca de pedra do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia desde Palestina. Esta é unha representación única no románico.
Ao redor da igrexa localízanse as Torres de Cereixo, un carballo centenario e, a través dun pequeno percorrido por un paseo de madeira, un muíño de mareas.
Esta é unha das localidades por onde pasa a ruta que fai o tío Farruco e o seu sobriño, personaxes no conto “Na romaría da Barca”, para ir a esta famosa romaría.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.