O concello de Zas dispón dunha exposición sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose que pon a disposición daqueles colexios e institutos que a soliciten. O propio concello encárgase do traslado e montaxe da exposición. Ademais temos dispoñibles distintas actividades para traballar coa rapazada que se poden descargar ó final da páxina.
Dita exposición tamén pode ser visitada durante todo o ano xa que está aberta o público na primeira planta do Centro Sociocultural de Baio.
Dita exposición consta de 8 paneis informativos de 2,20 metros de alto por 1 metro de ancho e 0,80 cm de profundidade.
Descargas: