Colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para publicar unha antoloxía poética de Labarta Pose
Onte tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Zas e a Editorial Galaxia para a publicación da antoloxía poética de Enrique Labarta Pose, editada por Xosé Manuel Varela Varela e Xosé María Rei Lema
«Este é un novo paso para conseguir que a Real Academia Galega lle adique o seu propio Día das Letras Galegas ao escritor baiés e que se suma ao resto de accións realizadas para dar a coñecer a obra e vida de Labarta», sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño – que non puido asistir á sinatura debido a que a esa mesma hora tivo unha reunión na Subdelagación do Goberno –
Pola súa banda, Xosé Manuel Soutullo, Director da Editorial Galaxia, agradeceu a colaboración do Concello de Zas para a edición desta antoloxía que se publicará, previsiblemente, a comezos do vindeiro ano