A exposición «Enrique Labarta Pose, a pluma da terra» no Colexio de Fonseca

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela, acolle ata o 1 de marzo a exposición «𝗘𝗻𝗿𝗶𝗾𝘂𝗲 𝗟𝗮𝗯𝗮𝗿𝘁𝗮 𝗣𝗼𝘀𝗲 𝗮 𝗽𝗹𝘂𝗺𝗮 𝗱𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮» na que, a través dos seus oito paneis con textos e fotografías, afóndase sobre a vida e a extensa obra de Enrique Labarta Pose. Esta é outra das accións que está a realizar o Concello de Zas para reivindicar a figura de Labarta e conseguir que se lle adique o seu propio Día das Letras Galegas

Así se manifestou onte no acto de inauguración da mostra no que interviron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Pilar Murias, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Manuel Muíño, alcalde de Zas; e Jorge Mira, portavoz da Comisión Labarta Pose e comisario da exposición

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas