A Compaña, de Enrique Labarta Pose – Adaptación teatral do IES Maximino Romero de Lema

Dende o IES Maximino Romero de Lema seguen a render homenaxe a Enrique Labarta Pose no centenario do seu pasamento, poñendo en valor a súa obra e achegándoa ás novas xeracións.

Nesta ocasión, o alumnado Sabela, Mateo, Miguel, Henry, Laura e Alicia, baixo a dirección de Ricardo Vigueret, realizou unha adaptación teatral da peza A Compaña, unha das obras máis destacadas do autor.

O resultado é un magnífico traballo de interpretación e posta en escena que se pode escoitar íntegro en formato audio nesta ligazón:

🎧 Escoitar “A Compaña” en SoundCloud

Parabéns ao equipo por manter viva a palabra de Labarta Pose con tanto talento e compromiso!