A «Antoloxía poética de Enrique Labarta Pose» chega as librarías

Esta semana chegará as librarías a «Antoloxía poética» de Enrique Labarta Pose, editado por Xosé María Rei e Xosé Manuel Varela, que se incorpora á colección Letras Galegas Clásicos da Editorial Galaxia grazas a un acordo de colaboración asinado co noso concello, que foi o impulsor da iniciativa.
O libro, que se presentará en breve, recolle corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa, moitos dos cales acadaron premios en distintos certames literarios da época. O acordo entre a Editorial Galaxia e o Concello de Zas contempla a impresión de 700 exemplares.
Este é unha nova iniciativa do Concello de Zas que ten como finalidade dar a coñecer unha parte da obra do escritor baiés e sumarse ao resto das accións levadas a cabo nos últimos anos para conseguir que Labarta Pose teña o seu propio Día das Letras Galegas