As rúas principais de Baio e Zas enchense de flores e de poemas de Enrique Labarta Pose
o longo do día de hoxe quedarán instaladas nas principais rúas de Baio e de Zas un total de 18 xardineiras cheas de flores e de poemas de Enrique Labarta Pose.
O vindeiro 13 de maio cúmprense 100 anos do falecemento de Labarta e esta é unha das actividades organizadas polo Concello de Zas co fin de poñer en valor e de dar a coñer a vida e obra dun dos nosos veciños máis ilustres.
Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a obra de Labarta Pose dun xeito fermoso e orixinal a todo aquel que visite vilas de Baio e Zas e nas xardineiras poderanse ler algúns dos seus poemas na defensa da lingua, das mulleres, dos animais e das nosas tradicións. Ao mesmo tempo esta é unha iniciativa máis na campaña que dende hai varios anos leva desenvolvendo o Concello de Zas, xunto con todo o tecido asociativo, para que a RAG lle adique o vindeiro ano a Labarta Pose o Día das Letras Galegas.
Ademais, tal e como sinala o Alcalde, Manuel Muíño, “esta actuación darálle un novo aspecto as nosas vilas creando espazos máis agradables e vistosos”. As xardineiras estarán instaladas durante todo este ano.