A ponte desta vila do concello de Camariñas salva o río Porto, tamén chamado río Grande, e une a vila situada a ambos os lados do río. É unha ponte da que se descoñece a época da súa construción. Con corenta e cinco metros de longo e sete metros de ancho, está composta por catro arcos apoiados sobre tres piares, dous dos cales son levemente apuntados mentres os outros dous son de medio punto rebaixado. A luz entre eles sitúase entre os seis e os oito metros.
Por esta ponte é por onde pasa a ruta que segue o tío Farruco e o seu sobriño, personaxes no conto “Na romaría da Barca”, para chegar á mencionada romaría.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.