No lugar de Mosquetín, no concello de Vimianzo, é onde se atopa o conxunto etnográfico dos batáns e muíños de Mosquetín. Os batáns son unha construción tradicional que conta cun par de enxeños de madeira formados por mazos que, ao se moveren alternativamente pola enerxía hidráulica, batían as mantas tecidas nos teares para entupilos, esto é, para apretar a trama e unir as fibras.
En canto os muíños, aquí houbo un total de sete. Catro muíños negreiros para moer o millo, dous albeiros para moer o trigo e un muíño do relón do trigo.
Un dos persoaxes do conto “A Compaña” procede do lugar de Mosquetín, pertencente a parroquia de Salto, no Concello de Vimianzo.
CONCELLO DE ZAS
Praza do Campo, 1.
15850. Zas. A Coruña.