Denominado como o «Quevedo Galego» ou o «Príncipe do Parnaso Galego» por distintas publicacións periodísticas da época, Enrique Labarta Pose deixou unha fonda pegada na literatura de finais do século XIX e principios do XX. Destacou tamén na vida estudiantil da cidade de Santiago a nivel cultural.

Deixou obras en defensa da lingua, das mulleres e de amor pola súa terra como son «¡Que me enterren aló!«, «¡Non falés o Gallego!» e «Defensa das Mulleres»

Enrique Labarta Pose foi proposto para ser académico de número na Real Academia Galega no ano 1920 tal é como se pode ver no escrito que se conserva en dita entidade.

Novas

Xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose”

O 29 de outubro de 2022 celebrouse a xornada “As pegadas de Enrique Labarta Pose” na que diferentes expertos analizaron desde outros puntos de vista a obra de Enrique Labarta Pose. 

Folleto informativo

O Concello de Zas editou no mes de xuño de 2022 un folleto informativo no que se inclúe información sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose así como toda a información sobre o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose incluído no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega.

Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose

Dende o mes de marzo de 2022, a obra de Enrique Labarta Pose forma parte do “Proxecto Roteiros” impulsado polo Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo dar a coñecer os recursos culturais e paisaxísticos de Galicia a través da vida e obra de escritores.

A exposición de Enrique Labarta Pose nos centros educativos

Despois do seu paso polo Paseo Fluvial de Baio, a exposición sobre a figura de Labarta Pose, promovida polo Concello de Zas, comezou a súa viaxe. A primeira parada foron os tres centros educativos do Concello de Zas para que as alumnas e alumnos do CEIP Labarta Pose de Baio, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema coñeceran a un dos persoeiros máis ilustres do noso municipio.

Liña temporal